martes, 29 de marzo de 2016

Ruben , conocedor do futbol provincial coma ninguen

Presentamos a Ruben Garcia , posiblemente unha das persoas mais conocedoras do futbol a nivel provincial e un dos maiores currantes que eu vin no futbol.
1. Digame quen e .... ?
Son ruben, adestro ao equipo feminino e boto unha man cando podo a antonio no masculino.
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Pois cheguei no veran de 2015 nas reunions iniciais d socios de clube deportivo ourense para tentar primeiro salvar e logo crear un novo clube. Cando se decidiu q antonio dacosta ia ser o mister pediume q o acompañara nesta aventura  e aceptei. O ano pasado compartindo tempo entre o senior masculino e o feminino en barbadas e este ano o mesmo pero so no clube.
3. Como esta vendo  tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
A nivel equipos senior o masculino esta cumprindo coa sua obriga q e ascender, o feminino visto como se puxo a cousa ten q pelexar tamen polo ascenso. A nivel equipos de base o rol agora mesmo da canteira e o de sementar para recoller a medio longo prazo.
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
O traballo no equipo feminino e compricado. Hai xente q nunxa xogou ao futbol e xente q leva seis anos xogando e evidentemente non e o mesmo. Faise moi complicado crear adestramentos e planificar. A ventaxa q temos e que temos xogadoras d moito nivel que compensan outras carencias. Como adestrador estou encantado d ver o progreso dalgunhas rapazas q empezan de cero pero tamen me frustra o feito de que algunhas non arrancan.

5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
Eu a nivel de futbol base na cidade vou ser moi duro nas miñas palabras. Escoitas falar a moita xente que se traballa moi ben ... que se fan as cousas ben .. e eu non estou de acordo e os resultados estan ahi. Non saen xogadores de ourense para equipos de primeira de segunda e segunda b ... as fabas son contadas e os que estan en segunda b son de unha xeracion de hai mais de dez anos. No futbol base da cidade falta planificacion a longo prazo, pensar no futbolista .. en ningun clube a hai o unico q se busca e ascensos .. permanencias ... e un tema para longo debate e que nos ten q facer recapacitar a todos directivos coordinadores e adestradores.
A nivel do noso clube, pois dicir que estamos comezando o camiño e q estamos a tempo d facer as cousas ben e non caer nos erros que comentei.
6. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
O que deberian facer os clubes e pedir formacion no canto de resultados. Establecer pautas d traballo por categorias e obxectivos a conquerir polos xogadores a nivel tecnico tactico ... a nivel individual e grupal. Teria q haber non clubes persoas q fixaran eses obxectivos e os adestradores facer plans d traballo en base a eso. A evaluacion dos adestradores non deberia ser por resultados senon polo dito anteriormente e polos valores q transmiten. Esto dos valores no deporte daria moito para falar ....
7. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O mellor q me atopei foi un xesto deportivo q demostra o q e ser compañeiro e ser futbolista. Espero q o protagonista non se me enfade.  Nun partido do equipo senior na casa faltaban 10 minutos para o remate, chovia a mares, o partido ia 2-1 e un xogador estaba no banquillo sabendo que non ia xogar porque llo dixera o adestrador. Ergueuse, achegouse a onde estabamos antonio e eu e dixo .... "mister voy a ir a calentar por si algun compañero se lesiona y hay que salir". Un xogador que xogou en segunda .. en segunda b .. en terceira ... o partido rematou e el non saiu ao campo pero a min demostroume o que e ser compañeiro e futbolista. Antes de que preguntedes ... o implicado foi Fran
En canto ao peor tento borrar o mais cedo posible esas cousas asi que non as vou comentar ainda que habelas hainas. O que menos me gustou sen dubida foi ter que adestrar ao masculino pola baixa d antonio.
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
E dificil expresar o que e un sentimento. Para min e unha mezcla de lembranzas, de persoas que coñeces, de experiencias, de situacions vividas relacionadas con clube deportivo ourense e que me acompañaran toda a vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario