1. Digame quen e .... ?
Abel é un dos adestradores do Infantil B que comezou como entrenador o ano de nacemento da Unión Deportiva Ourense.
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Cheguei o equipo pola chamada de un amigo meu, Yago Cid Gonzalez, que precisaba dun axudante para facerse cargo do equipo cadete.
3. Como esta vendo tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
A nivel xeral moi boa, o primero equipo está facendo una grandisima tempada e a nivel de base moi contento ca actitude dos rapaces e vese que con paso do tempo o traballo dos monitores van dando os seus frutos
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
O traballo co Infantil B é un poco especial porque é cando os rapaces teñen un cambio importante de categoría xa que pasan de f8 ó f11 e o que buscamos e que varían adaptándose os cambios tácticos e que vaian mellorando a nivel tecnico personal e colectivo.
5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
A nivel de clube seria ter un reparto maís xusto dos campos para poder entrenar en comparación con outros equipos, por eso pareceme de moito merito o traballo que se está a facer por parte do clubes como dos rapaces da base mentres que a nivel xeral creo que temos incidir mais nos valores e na formación dos rapaces e menos no resultado inmediato porque vese cada cousa polos campos...
6. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
En opinión persoal gustariame que cada clube debe de ter a mesma filosofía no primero equipo que na base porque os rapaces da base son o futuro
7. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O mellor é a ilusión que se ve nos rapaces que ainda que os resultados non acompañen sempre están todos os entrenamentos cunhas ganas increíbles de mellorar e a verdad que o grupo de este ano é moi bo e con xogadores así da gusto entrenar. O peor é actitudes nalgun campo no que se ve que o que prima é gañar de calquer forma
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
O Sentimiento Vermello é ser afeccionado do equipo da tua cidade antigamente o Cd Ourense e na actualidade a UD Ourense, é estar nas boas e nas malas como sempre ocorreu na nosa cidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario