jueves, 31 de marzo de 2016

Un dos nosos.

Hoxe traemos o noso blog , a un dos ultimos grandes iconos do Ourensanismo , poderiamoslle facer a entrevista como adestrador , como ex-xogador ou simplemente como ourensanista de corazon , pero aparte de todo eso e o pai dun dos nosos cativos , estamos a falar dun idolo para mais de un Ourensan , falamos de Fernando Curras Gallego.
Sobretodo e ante todo e un dis nosos.
¿Canto tempo leva o teu fillo na UDO e como chegou?
O meu fillo leva como xogador dende principios de 2016, foi voltar a Ourense e incluso antes de buscar colexio, o primeiro que me dixo o saber que volvíamos a casa foi: “Papá ahora por fin xa podo xogar no Ourense”. O seguinte paso foi preguntarlle a Ramón se habría alguna posibilidade, e teño que recoñecer que desde o primeiro día a acollida por parte de todos os que forman a UDO foi extraordinaria, e non quería desaproveitar esta ocasión para darvos as gracias.
¿Qué che está a parecer o proxecto da base da UDO?
O proxecto da base na UDO, como non podía ser de outra maneira, vai da man do proxecto de clube. Se ben o primeiro equipo equipo vai subindo os escalóns desexados, e se todo vai como se espera estaremos en primeira rexional a temporada que ven, no futbol base todo foi empezar de cero e contra-reloxo. Sen instalacións para adestrar e sen case que nenos, o ir xuntando diferentes equipos e unha labor na que a directiva, coordinadores, entrenadores ou educadores, como prefiran, e sobre todo uns pais que apostaron por involucrarse neste proxecto e algo que o meu parecer ten un mérito enorme. Con todos estes inicios e coa progresión e marxe de crecemento que se intúe, e un proxecto polo que non teño dúbida de que merece a pena apostar.

¿Cales crees que son os grandes males do futbol base?
E un tema moi recurrido e polo que teño demasiado respeto como para tratalo en poucas líneas. Ó meu parecer, e tratando de simplificar un mundo tan complexo, ei de dicir que un dos maiores problemas dentro do fútbol base e que este é demasiado xeneroso e ainda que engloba diferentes perspectivas e puntos de vista, é capaz de conceder o papel de protagonista a todo o mundo que o conforma. A loita inconsciente dos nosos apresurados egos, impídenos conceder ese papel principal, ó único que ten dereito a él, o neno persona que quere ser futbolista.  

¿Dime os que crees ti que son as deficiencias mais grandes do clube e cales as suas maiores virtudes?
Falar de deficiencias co ánimo de progresar, paréceme o primeiro e innegociable paso para medrar, é por iso que parto da base, de que cada un debe autoesixirse o máximo dentro das suas competencias, pero si tivera que elixir como deficiencia xeral, e prioridade a cubrir por encima do resto, está o asunto das instalacións onde poder desarrollar sesións de adestramento dignas da esixencia dun clube co respaldo e repercusión social que ten a UDO.
Entrelazando coa resposta anterior, creo que ese respaldo mostrado pola provincia de Ourense en canto a implicación e identificación co seu equipo, é a maior virtud, xa que conleva unha carga en canto a responsabilidade e compromiso para poder estar a altura de tan maravilloso reto, que nos vai axudar a crecer como todos desexamos.
¿Cómo animarías a outros pais para que se animasen a vir a UDO cos seus fillos??
Partindo da base de que o exemplo e a mellor doctrina, eu teño o meu fillo na UDO porque creo no traballo que se fai, tanto a nivel estrictamente futbolístico como principalmente a hora de transmitir unhos valores indispensables a hora de formar persoas.

¿Qué te parecen os monitores-formadores que ten o noso clube?.
Sen ter un coñecemento exhaustivo nin moito menos, a primeira sensación que desprenden e unha sensación de compromiso indudable, iso como pai e algo que creo que debemos de valorar e agradecer.

¿Cal pensa vostede que pode ser o rumbo que debe tomar o clube para impulsar a nosa canteira?
Creo que o clube está no rumbo adecuado, pero non deberíamos de esquencer que a exigencia vai a ir en aumento según vayamos crecendo e o combustible mais fiable de calquera clube, sen lugar a dudas, e a canteira, así que sería moi importante tomar conciencia que tódolos esforzos e dedicación de hoxe, van repercutir exponencialmente en que todos nos sintamos mais orgullosos do noso equipo. Debemos formar xente arredor dun balón, educada na disciplina, o esforzo e a superación e non deixar sitio para a pereza, o egoísmo, a indolencia ou os vagos.


Por último, que crees tú que ten de significado o de ter “Sentimento Vermello”.
Expresar sentimentos con palabras é unha capacidade a que non creo ter acceso, só podo dicir que eu teño “sentimento vermello”.





No hay comentarios:

Publicar un comentario