miércoles, 30 de marzo de 2016

Emilio , sentimento moi vermello .

1. Digame quen e .... ?
Hola son Emilio un dos adestradores do cadete A da U.D ourense ao cal lle teño que dar as gracias por axudar a formarme nunha das miñas paixons
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Cheguei no ano de nacemento do clube xunto con Milo, foi el que confiou en mi para axudalo co infantil o ano pasado e co cadete A nesta tempada.
3. Como esta vendo  tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
A tempada do clube esta indo moi ben. O primeiro equipo esta preto de alcanzar os obxetivos na liga e o ascenso cun gran traballo por parte de Antonio, Ruben e todo o seu equipo e sobre todo polo esforzo dos xogadores. A nivel femenino estase a loitar tamen pola liga e o ascenso no primeiro ano do clube. Polo que respecta a base creo que se estan a facer as cousas moi ben, notase a mellora dos xogadores do ano pasado a este, moitos nenos quixeron vir despois do ben que se fixeron as cousas tamen o ano pasado e o obxetivo e seguir crecendo en todos os niveis.
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
A idade na que estan os nosos rapaces e unha idade dificil, os rapaces estan en plena adolescencia e nos temos que ser capaces de axudalos non solo a nivel deportivo, facer que escoiten e que vivan o futbol como o vivimos os adestradores, escoitar para eles e moi importante igual que para nos, eu aprendin moito deles o ano pasado e estou aprendendo moito este ano, teño a sorte tamen de aprender de Milo un entrenador co nivel nacional e de Ramon Dacosta e a sua maneira de vivir o futbol cando se cambia e entrena cos rapaces.

5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
Creo que se estan facendo todo moi ben a nivel de base no noso clube, unha das poucas cousas que debemos melloras son os espazos de adestramento, a pesar da escaseza de campos e da boa labor do clube temos que mellorar esta situacion, e cabe mencionar o equipo femenino que case non dispon de espazo para prepararse. Tamen temos que ter en conta que somos adestradores de base e a nosa funcion e formar e non tanto gañar.
6. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
A filosofia de base ten que ser a de formacion de persoas e debemos ligar a base o primeiro equipo, e dicir, procurar formar xogadores que sirvan nuns anos para o futbol e para o noso primeiro equipo, xa que hoxe en dia a canteira ten un papel fundamental na maior parte dos equipos.
7. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O mellor a convivencia cos rapaces e o que melloraron dende principio de tempada ata hoxe, e o peor foi quedarnos a un paso de loitar polo ascenso a liga galega, de todo o malo se aprende e loitaremos por conseguir facer un bo papel e como non soñar con gañala e se pode ser no Couto estaria mellor que mellor.
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
Tiven a sorte a de xogar oito anos no C.D ourense dende benxamines ata cadetes, ahi foi onde comezou ese sentimente que perdura na Union Deportiva Ourense gracias sobre todo a labor dos socios e da xente, que enche a tribuna como se fora un partido de primeira division. Este sentimente fixo que poidera disfrutar coa familia e cos amigos outra vez do ourense. Gustariame dicir para rematar que cando se pon en dubida este sentimento, se acuda O Couto a ver un partido da U.D OUrense e vexamos as persoas maiores de 70 anos que levan a bufanda do C.D ourense e se emocionan ahora tanto ou mais que nos anos onde o clube estaba en segunda division.

No hay comentarios:

Publicar un comentario