miércoles, 16 de marzo de 2016

En 8 toques , o noso presi.

Hoxe , na nosa primeira entrevista de este blog , falamos con Modesto Garcia , presidente da Unión Deportiva Ourense.

1. Expliquenos quen e Modesto Garcia ?
Unha persona sinxela e humilde que sempre foi de CD Ourense e que nestes intres encóntrase orgullosísimo de ser o presidente da UD Ourense
2. Que significado ten para vostede o de sentimento vermello?
Un sentimento profundo e importante  de pertenza e de identificación cunhas cores, cun equipo e cun grupo de xente, que vai máis alá do simplemente deportivo. Un sentimento que foi, é e será sempre parte fundamental da miña vida e das miñas emocións.
3. Cales son as maiores dificultades que atopa o noso clube con respecto a outros clubes con base ?
Sen dúbida ningunha o trato totalmente discriminatorio que nos atopamos en canto a concesión de instalacións municipais (campos) para poder adestrar. Ata o final seguiremos loitando para que se arranxe esta situación e que no futuro se fagan as cousas de forma xusta e legal.
4. Que lle parece o traballo que se esta a realizar cos equipos de base do clube ?
Penso que é un moi bo traballo. Empezar dende 0 fai menos de 2 anos,  e estar traballando con cerca de 200 rapaces é todo un éxito, e máis se cabe nunha cidade e nunha provincia cos condicionantes que ten Ourense.

5. A pesar do famoso desencontro cos ex xogadores , que lle parece a implicacion de alguns coma Antonio Dacosta , Ramón Dacosta ou Fernando Curras na base do clube ?
O primeiro, clarexar que o desencontro foi coa Asociación de ex-jugadores de CD Ourense, non cos ex-xogadores. De feito, todos eses que nomeas tamén foron grandes xogadores  de CD Ourense e están facendo unha laboura exemplar e impagable no Club e na base do mesmo. Do mesmo xeito, e unha vez máis, e pese a desencontros puntuais, gustaríame mostrar o meu agradecemento eterno a todos aqueles que nun pasado formaron parte de CD Ourense e que foron fundamentais para que, coa a súa implicación, a UD Ourense sexa a día de hoxe unha realidade e un éxito.
6. Cal e o limite que se marca o clube en canto a importancia da base no seu proxecto ?
A base entendemos que hai que cuidala e traballala moi ben, pois, para que o Club sexa viable e sostible no futuro e indispensable que a base sexa precisamente eso, a base fundamental na que se sustente a UD Ourense. Tanto por un tema económico, como fundamentalmente pola identificación da xente de Ourense co seu Club de fútbol.
7. Cree que se trata os equipos de base co respeto que se merecen ou en alguns clubes solo son un instrumento de recadacion?
O non dispoñer de instalacións dignas para practicar un deporte xa é unha falta de respeto cara aos rapaces que queren facer deporte e levar unha vida sana e saudable. Tamén, sen dúbida, é unha falta de respeto que para algúns Clubs, que non contan con apoio social, os rapaces se convirtan na súa principal fonte de financiación. Amásanse fichas e máis fichas, a costa da calidade na preparación dos rapaces.
8. Por ultimo , deanos a sua opinion sobre a xente que traballa ca nosa base e que cousas cree que deberian cambiar para seguir crecendo?
Pareceme admirable o traballo que desenrolan día tras día na formación e na educación dos nosos xovenes. Tras dous anos e con máis estabilidade, penso que o máis importante e conseguir unhas instalacións dignas para poder adestrar e o mesmo tempo poder facer algúns equipos que sexan máis competitivos para que podan ser a base no futuro do noso primeiro equipo. Eso sí, respetando sempre os principios e valores fundamentais nos que se sustenta a nosa canteira dende a súa creación: respeto, humildade, compañerismo, etc. Na UD Ourense trataremos en primeiro lugar de formar boas personas e si é posible, a continuación bos futbolistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario