viernes, 18 de marzo de 2016

En 8 toques ; Formación ante todo.

Hoxe traemos o noso blog a dous dos monitores-entrenadores que estan facendo un traballo excepcional cos nosos rapaces , Ivan Canal e Jorge Daquinta.
1- ¿Quenes son Iván Canal e Jorge Daquinta?
Iván Canal: Son un dos adestradores do Benxamín A da UDO. Son una persona responsable que se dedica a  por vocación a ista profesión e que me encanta traballar con nenos. Doulle moita importancia a formación e así son Técnico deportivo superior Tafad, Mestre en Educación Física, estudante de 4º curso de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Instructor de fútbol base RFEF.
Jorge Daquinta: Eu son outro dos adestradores do Benxamín A. Considérome una persona moi traballadora e implicada con todos os retos que me plantexo. Son un amante do deporte e en especial do deporte de base. Tamén considero que a formación é fundamental e así son Graduado en Adm. e Dirección de empresas, Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Xestión de Organizacións Deportivas. Éste é o meu cuarto ano adestrando en fútbol base habendo sido tamén xogador de fútbol durante 20 anos, iniciándome neste deporte na base do desaparecido Clube Deportivo Ourense, por aquel entonces o Atlético Ourense.
2- ¿Cómo chegaron a Unión Deportiva Ourense?
Iván Canal: Cheguei a Unión a través dunha entrevista con Antonio Dacosta. Él díxome que precisa de xente con amplia formación para traballar na base e así permitir que o clube medrase.
Jorge Daquinta: O meu contacto co clube foi vía email tralo envío do meu C.V , debido o meu interese en colaborar e formar parte da estructura do clube. Nun primeiro momento contactou conmigo Mario Gómez en nome do clube pero a súa salida do mesmo deixou o tema parado, e foi nese intre cando o propio Iván Canal propúsome traballar con él no Benxamín A, o cal aceptei encantado xa que era voltar a un clube o cal lle teo moito apego.
3- ¿Cómo está sendo a súa primeira tempada no clube?
A primeira etapa no clube está sendo moi positiva. Estamos moi satisfeitos porque podemos traballar cun grupo de nenos que viven o fútbol con moito paixón e que teñen moitas gañas de aprender. Poder ver a súa melloría e progreso reafirman o traballo ben feito con iste grupo. Ademais tamen estamos aprendendo moito de todos eles e iso fainos medrar a nivel persoal e profesional.
4- Falennos un pouco do traballo co seu equipo
Realizamos un traballo non soamente a nivel técnico-táctico de forma aislada, senón que levamos a cabo un desenrolo do proceso de ensinanza-aprensizaxe de forma global e contextualizado para a fase concreta de desenrolo na que se atopa cada neno. Asimesmo traballamos de forma integrada, xunto cos contidos técnico-tácticos,  valores coma o compañerismo, respeto, responsabilidade, igualdade, esforzó…etc.

5- ¿Qué consideran que se debería mellorar tanto a nivel do noso clube coma a nivel xeral no fútbol base?
A nivel de clube a verdade é que se está facendo un gran traballo xa que en soamente dous anos conseguiron crear un clube dende cero e ter una masa social moi importante. Pensamos que serían necesarios pequenos axustes a nivel organizativo na estructura da base e establecer unas pautas xerais de traballo para tódolos equipos. Consideramos que sería moi importante a creación dunha escola de iniciación para traballar principalmente aspectos da motricidade, os cales son fundamentais nas etapas posteriores.
6- ¿Cales son as metas que se marcan ou lles marcan os seus xogadores para esta tempada?
Os obxectivos que nos prantexamos para o Benxamín A nesta tempada son os seguintes:
- Adquirir valores educativos
- Disfrutar e divertirse coa práctica do fútbol
- Mellorar principalmente a nivel ténico e adquirir unas nocións básicas a nivel táctico.
- Levar a cabo un desenrolo social do neno a tavés do deporte
- Adquirir hábitos saludables e crear neles una vinculación deportiva que perdure no tempo.
7- ¿Qué é o mellor e o peor que se atoparon esta tempada?
O mellor que nos atopamos este ano é o grupo que temos o privilexio de adestrar, xa que son uns nenos fantásticos e cunha gran educación e respeto, xunto co feito de poder ver a súa melloría, aprender dos erros e colaborar no seu crecemento persoal.
O peor que nos hemos atopado é o feito de ver coma hai equipos rivais que, nunha categoría coma a Benxamín, os seus adestradores os alentan para levar a cabo goleadas escandalosas para a idade que teñen istes rapaces, onde se ve que nestes caso o que prima é o resultado fronte o aprendizaxe.
8- Por último, ¿qué significado ten para vostedes o de “Sentimento Vermello”?
Iván Canal: O sentimento vermello para min é o fútbol de Ourense, a tradición futbolística e deportiva dunha cidade.
Jorge Daquinta: Para min significa o apego e cariño hacia un clube no que me inicie coma xogador de fútbol e que representa a toda una cidade. Sentimento vermello=Sentimento de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario