Presentamos o monitor do noso equipo mais cativo.
1. Digame quen e .... ?
Son Iván Gomez , actual entrenador do equipo Prebenxamin levo 2 anos no clube e o ano pasado estiven no alevin
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Cheguei o ano pasado gracias a chamada de Gonzalo Rodríguez que lle facia falta un axudante para o alevin
3. Como esta vendo tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
En términos xerais o clube vai paso a paso crecendo e cada ano mellor co anterior como o primeiro equipo que leva 2 ascensos seguidos na base moi contento ca actitude dos rapaces e a longo prazo estase vendo unha bonita evolución, para crear unha boa base necesitase tempo.
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
O noso obxectivo co prebenxamin e conseguir que se divirtan e que collan as primeiras nocions do fútbol, primamos a formación tanto futbolística como social e persoal, que vaian collendo uns valores de compañerismo e actitudes que lle van servir para o futuro.
5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
No noso clube un mellor reparto equitativo a hora de facer os entrenamentos porque temos que compartir campos con outros equipos da cidade e en xeral do futbol base a actitude de alguns entrenadores con comentarios inapropiados hacia alguns rapaces e trasmitenlles ideas erróneas promovendo conductas contrarias os propios valores do fútbol.
6. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
A filosofía da base debe ser trasmitirlle os rapaces uns valores de estilo de xogo do primeiro equipo , mellorar técnicamente , ser bos compañeiros,respetar decisiones do árbitro , bo ambiente entre nenos entrenadores , pais e coller coñecenentos do que e o fútbol
7. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O reparto de campo en algún entreno Xa que vemonos obligados a estar entrenando 3 equipos en campo de f8 . O mellor da temporada e ver a progresión fantástica dos rapaces día tras día e ver como veñen encantados e cunha sonrisa a cada entreno.
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
E un orgullo e un placer pertenecer a este gran clube , o antigo CD Ourense que era todo un clásico do fútbol español.VOLTAREMOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario