1. Digame quen e .... ?
Son Oscar Lopez un dos adestradores do equipo xuvenil e tamen delegado do equipo senior.
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Cheguei o clube como delegado o ano pasado do primeiro equipo, este ano estou tamen de adestrador con Ramon Dacosta e Iván Ucha nos xuvenis.
3. Como esta vendo tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
O primeiro equipo femenino e masculino pensó que van conseguir o ascenso. A base está facendo un traballo inmenso, despois de empezar de cero o ano pasado, este segundo ano segue a ser de transición. Esto e un traballo a medio e largo prazo.
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
O traballo que temos nos xuvenis e formar rapaces para cando o primeiro equipo que dirixe Antonio Dacosta os precise, somos o segundo equipo do clube e temos que estar mentalizados neso os xogadores e o equipo técnico. Levamos 3 anos xuntos Ramón, Ucha e Eu e eso xa é unha ventaxa.
5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
O ano que vén a obligatoriedade de titulación en todos os adestradores da base, penso que eso e unha boa iniciativa tanto po clube como para os nenos, canto máis formados esten os adestradores millor a larga van sair tanto deportiva como personalmente os nenos, que realmente o importante é formalos como persoas practicando un deporte, neste caso o fútbol.
6. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O millor e que este ano temos máis equipos e máis rapaces na base. O pior, as trabas que nos poñen para ter campos e horarios pos máis pequenos...veremos po ano.
7. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
Como digo nun punto anterior, o importante é a formación deportiva dos máis cativos do clube. Generarlle uns valores de compañerismo cos compañeiros, rivais e os adestradores. Eso e o que ten que ser o primordial e que vaian millorando tamén, lóxico, as súas condicións futbolísticas. Os resultados en categorías inferiores non é o importante de infantís para abaixo, senon que os nenos se divirtán e collan valores que cando teñan que competir co paso dos anos sepan respetar la rivais e os colexiados.
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
Eu fun ourensanista dende os 5 anos cando me fixo meu pai socio. Eu estiven na desaparición do noso querido CD Ourense, que o deixaron morren. Logo estiven nas reunións da creación da UD Ourense, fun a moitos desprazamentos do CD Ourense, eu sempre fun e serei do verdadeiro e único equipo ourensán, que a UD Ourense colleu o relevo do difunto CDO. Espero ver a este equipo pronto na categoría onde se merece, que é polo menos na 2b, cunha forma de fútbol popular que cada vez vai ter máis equipos en España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario