Hoxe presentamos a Miguel o home encargado de cargarlle as pilas os xogadores da primeira plantilla.
1. Digame quen e .... ?
Son Miguel Freire, preparador fisico da Union Deportiva Ourense Senior
2. Como chegou a Unión Deportiva Ourense?
Cheguei ofrecendo a miña axuda o clube, contactando ca directiva mediante mail. Era a miña primeira Experiencia no campo da preparación fisica, anteriormente viña de colaborar no scouting do Guijuelo de 2ab.
3. Como esta vendo tempada do clube tanto a nivel xeral coma da base ?
Poria unha nota de sobresainte en ambalas duas parcelas, tanto a nivel deportivo no primeiro equipo, como na base entendendoo coma un proxecto a longo prazo que non fai mais que comezar.
4. Falenos un pouco do seu traballo co seu equipo.
A miña labor e basicamente preparar as partes fisicas dos adestramentos, asi como facer de ponte entre o periodo lesional e a volta co grupo dos xogadores con molestias. Tamen traballo cos porteiros o longo destas duas campañas.
5. Que cree que se deberia mellorar tanto a nivel do noso clube , como a nivel xeral no futbol base ?
A labor esta sendo extraordinaria, non poria pegas o traballos dos compañeiros do clube.
6. Cal e para vostede a filosofia que deben ter os clubes ca base ?
O grupo da base deberia estar formado polos mellores xogadores a nivel provincial, posto que un clube coma o noso considero que ten que crecer cos seus rapaces
7. Que e o mellor e o peor que se encontrou esta tempada ?
O peor todolos problemas co que nos atopamos o principio de tempada, tanto por infortunios coma por resultados e o mellor a reaccion do equipo, sempre estivemos moi unidos no noso obxectivo
8. Por ultimo que significado ten para vostedes o de "Sentimento Vermello "?
E algo difícil de definir con palabras, algo que fai que mereza a pena mellorar coma profesional e adestrar cada vez mellor co grupo para ver a este equipo onde merece estar por cidade e siareiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario